pola túa saúde ¡todo vale!

15 Dez 2009
Posted by jvr

Acabo de amargarme o xantar escoitando a radio... parece que si, vaise prohibir fumar en todos os espazos públicos, toda unha media, din, para velar pola saude dos fumadores pasivos, como si non foxemos capaces de velar pola nosa propia (in)saude, ou a estas alturas non superamos que o fume do tabaco, o dos coches, as fabricas... pois non sinta nada ben aos nosos pulmons. Pero claro papi estado ten que velar pola nosa saude, ou por evitar futuras cargas asistenciales da (in)seguridade social, a golpe de lei e reglamento.

Parece ser que, repitindome como o TBO, pensando sempre na nosa saude para o vindeiro ano non poderemos exercer o noso dereito de auto determirnar a posibilidade de contaminarnos, xa sexa por activa ou pasiva, dentros dos espazos públicos. Segundos despois escoito outra nova, apenas durou uns instatantes, traspasando o velo (des)informador dos mais media, algo que tristemente xa coñecia, as condicions dos centros de menores: Amnistía Internacional presentou un informe sobre os centros de menores no que se amosan que os castigos, o aillamento a medicación forzada son receitas recurrentes no  tratamento dos menores protexidos(!!!) pola Administración, non son casos aillados. Isto non é algo novo, e é de agradecer que existan moitas voces que berren isto, o triste e que apenas chegen a sair á opinión pública, se vos quedan ganas podedes visitar centrosdemenores.com que parece recopilar bastante info sobre o tema.

As situación que se desenrolan nos chamdos centros de protección terapéuticos son escalofriantes, non quero imaxinar que pasaría se non foxen terapéuticos e de protección. A inmensa mayoría están xestionados por entidades privadas pero financiadas por cartos públicos. Un dereito básico como é a atención dos menores máis desfavorecidos convirtese na práctica nunha fonte de lucro privado e sórdida represión. Como exemplo a fundación O'Belen, que conta con varios mortos as cúas costas, e conta con centros por todo o estado, e si, aqui en vigo tamen

É curioso non queren velar pola nosa saude, pero non parce que importe tanto a saude das persoas que non teñen teito, ou traballo, ou atopanse engaioladas. Lamentablemente os menores non son os únicos, españolandia é u  dos paises acusados polo Comité Contra a Tortura das Naciones Unidas (Nacions Unidas de cando en vez saca uns textos moi progres, de repercusión real tendente a cero, agas aquelos documentos e leis que facilitan a implantación das normas comercias da globalización) de torturar nas dependencias policiais, non so a maléficas terrosistas, se non básicamente a prostitutas, borrachas e indocumentadas, a trinta anos da dictadura, nesta chamada democracia deste estado do benestar nas dependencias dos vixiantes, acontecen violacións, palizas e mortes. A grande diferencia é que agora, eso si, todas as denuncias, de quen se atreve a denunciar, atópanse correctamente arquivadas.

Parce que non importa tanto as doencias físicas e sobre todo os traumas psíquicos causados directamente por papi estado, seguramente é polo noso propio ben, ou cando menos polo ben dos senpapeis ou das prostitutas, pois se non non se faria... ou simplemente tratse de dar escarmentos, a letra con sangue entra, e claro, e fácil empacharse.

A felicidade da xente tampouco parece ser moi importante, o mellor dito as causas da infelicidade, seguramente as cargas asistenciais para a seguridade social dos antidepresivos, antipsicóticos, e anestesiantes mentais surtidos teñan unha grande contrapartida, a docilidade social,  ou sexa que mellor estar anestesiadas e atontadas que preocupadas polo futuro do planeta, e moito menos facendo algo por cambiar os nosos destino.

Resumindo... que non se pode fumar, que é algo malo, e como somos moi tontas, as que non fumamos pero estamos en espazos con fume, e malísimas as que fumamos, matando lentamente as que non fuman e a nos mesmas, pois iso que e teñen que axudarnos, cal nenas pequenas, prohibíndonos fumar nos locais públicos... ¡viva o absolutismo democrático moderno!

Agora repitamos un mantra: todo vai ben, pero teño que consumir algo, todo vai ben, pero teño que consumir algo, todo vai ben, pero teño que consumir algo, todo vai ben, pero teño que consumir algo...

Tags: